Sunday 30 de June de 2024

A Xunta participa no acto de Entreculturas polo Día Mundial das Persoas Refuxiadas organizado pola ONG Entreculturas


O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou esta mañá no acto de peche da celebración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas organizado pola ONG Entreculturas.

Durante o evento, o coordinador territorial de Entreculturas Galicia, José Luis Barreiro, presentou o Informe Escola Refuxio 2024 e leuse o manifesto dos Mozos da Rede Solidaria sobre a protección do dereito á educación en calquera circunstancia.

Deja un comentario